Semana do Acceso Aberto 2018 na Universidade de Santiago de Compostela

Banner USC OAW2018

A Biblioteca Universitaria da Universidade de Santiago de Compostela sumouse ás celebracións da Semana do Acceso Aberto coa programación de diferentes actividades durante o mes de outubro:

-  Obradoiros de autoarquivo orientados ao Persoal Docente e Investigador e inscritos no marco do Programa de Formación e Innovación Docente (PFID). Os obxectivos destes talleres foron, por unha banda, proporcionar formación xeral sobre o acceso aberto e, por outra, obter unha formación axeitada para facer depósito de documentos en Minerva de xeito autónomo. 

- Minervatón. Esta acción colectiva, inspirada nos Editatóns de Wikipedia, consistiu no arquivo en Minerva por parte do persoal da Biblioteca Universitaria dos artigos publicados en aberto polo PDI da USC durante o ano 2017. Os obxectivos desta actividade foron dar máis visibilidade á produción científica da USC e axudar a cumprir cos mandatos de acceso aberto dos organismos de financiamento.

OAW2018_USC

 

Categoría
General