Semana do Acceso Aberto 2019 na Universidade de Santiago de Compostela

oaw USC

Na Semana Internacional do Acceso Aberto, a Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela (BUSC) participa con diferentes actividades, ademáis da tradución ao galego dos materiais gráficos, lema e textos que empregaremos para a difusión. Podedes atopalos aquí:  https://drive.google.com/open?id=1wG2OoJ0AJhbs7w6agua4l3wwnzoNhQ0k 

En primeiro lugar, e xunto con con outras dezaoito institucións, participa no micromooc sobre Ciencia Aberta que se ven desenvolvendo vía Twitter dende o luns día 21, podedes seguilo en galego no cancelo #CienciaAbertaMOOC19 e na conta @moocmicro.

Haberá tamén unha nova edición do Minervatón orientado ao persoal da BUSC, unha sesión de arquivo delegado no repositorio institucional da USC, Minerva, traballándose desta volta sobre os artigos publicados en aberto no 2018 polo PDI da universidade.

E, seguindo con Minerva, a BUSC  e o Centro de Tecnoloxías para a Aprendizaxe (CeTA) programaron para o vindeiro mércores un obradoiro de autoarquivo dirixido ao persoal docente e investigador. Lembrámovos que,aínda que a matrícula está pechada para esta edición, podedes participar nas sesións xa programadas ata o final de ano. Toda a información, aquí:  http://www.usc.es/gl/servizos/pfid/pfid.html

Categoría
Anteriores OAW