
Dende a Universidade de Vigo, a Biblioteca Universitaria en colaboración coa Vicerreitoría de Investigación súmase á celebración da Semana Internacional do Acceso Aberto 2020 coa creación dunha páxina web que recolle as actividades e accións programadas:
Seminarios web:
21 de outubro: 12:00 h. “Publicar en aberto na UVigo: rutas, políticas e ferramentas”. Relatora: Carmen Barros, responsable do repositorio Investigo da Universidade de Vigo.
23 de outubro: 12:00 h. “Dúas décadas despois de Budapest, cara a onde vai o acceso aberto?” Relator: Ignasi Labastida, responsable da Unidade de Investigación do CRAI da Universitat de Barcelona.
Recursos sobre Acceso Aberto:
Infografía “O acceso aberto na Universidade de Vigo”
Informe “As publicacións científicas na Universidade de Vigo en acceso aberto”